Rebeca Blanco Rotea, vai ofrecer unha charla sobre o tema: Guerra e paisaxe no Baixo Miño no século XVII
• Este martes, 9 de setembro, ás 19:30h no bar do Espazo Fortaleza (Goián)
Infogauda / Goián
Rebeca Blanco Rotea, arqueóloga e investigadora no Lab2PT – Universidade do Minho, vai ofrecer este martes, día 9 de setembro, ás 19:30 horas, no bar do Espazo Fortaleza, de Goián, unha charla, que leva por título: “Guerra e paisaxe no Baixo Miño no século XVII”.
Vai ser unha viaxe pola paisaxe histórica da raia galego-portuguesa a través da arqueoloxía e a memoria dos conflitos do século XVII.
Esta actividade está enmarcada no proxecto de escavación arqueolóxica da batería das Torres – Tomiño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario