Nova data para o concerto de The Rapants
• O próximo xoves, 4 de setembro, ás 22:30 horas, no antigo estadio do Trega
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda xa deu a coñecer a nova data para o agardado concerto de The Rapants. A súa actuación será este xoves, 4 de agosto ás 22:30 horas, no antigo estadio do Trega. Para ir quentando motores, ás 21:30 horas será a sesión do disc-jóckey Cristian Pereyra.
The Rapants é unha banda galega que destaca pola súa frescura no panorama musical galego, con temas animados, cheos de enerxía e de bo rollo. Algúns dos seus traballos máis coñecidos son “O Avión”, “La Favorita” ou “Meu Cariño”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario