Xornada sobre "Carpinteiros de Ribeira"
Ferrol, 10 de setembro de 2025
Lugar: Sala Carlos III, EXPONAV (Ferrol)
Delegación Territorial en Galicia do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos
Informamos que, a Delegación Territorial en Galicia do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos, organiza o vindeiro mércores 10 de setembro, unha xornada sobre “Carpinteiros de Ribeira” ás 18:15 h. en Ferrol.
Nesta xornada, intentarase divulgar “o arte e a ciencia” da Carpintería de Ribeira inicio da Construción Naval e actividade moi viva aínda, sobre todo nas comunidades do norte e noroeste de España, pero moi descoñecida polo público en xeral e as novas xeracións de enxeñeiros navais en particular. A xornada contará con tres relatorios a cargo do Mestre Carpinteiro de Ribeira D. Xerardo Triñanes, a Dra. Enxeñeira de Montes Dª. Azahara Soilán, e o Dr. Enxeñeiro Naval D. José Mª. De Juan-García. A mesa redonda será moderada polo Presidente de AGALCARI D. Ramón Collazo.
PROGRAMA
18:15
Benvida Decano Territorial en Galicia do COIN D. Jorge Dahl de Sobrino e D. Rafael Súarez Pérez, Xerente de EXPONAV
18:30
Introdución D. Ramón Collazo, Presidente AGALCARI
18:45
“Carpintería de Ribeira na Ría de Ferrol”, Dr. Enxeñeiro Naval D.José Mª. De Juan-García Aguado
19:15
“A madeira na construción naval”, Dra. Enxeñeira de Montes, CIS Dª. Mª. Azahara Soilán Cañás.
19:45
“Carpintería de Ribeira no século XXI, Situación e Retos”. D. Xerardo Triñanes, Asteleiros Triñanes, Boiro
20:15
Mesa Redonda. Moderador D. Ramón Collazo, Presidente AGALCARI
20:45
Clausura
Dª. Beatriz Spuch Sánchez, Vicedecana Territorial en Galicia
D. Ramón Collazo, Presidente de AGALCARI
10 de setembro de 2025 - 18:15 h.
Lugar: Sala Carlos III, EXPONAV (Ferrol)
Inscricións: FORMULARIO DE INSCRICIÓN
Ningún comentario:
Publicar un comentario