Dous torneos de tenis e pádel converterán á Guarda da capital galega da raqueta esta semana
• O Club do Tenis Codesal organiza a 33ª edición do open de tenis e estréase cun open de pádel
A Guarda continúa con máis actividades deportivas para este mes de agosto. Desta vez, o Club de Tenis Codesal, coa colaboración do Concello de A Guarda, organiza o XXXIII Open de Tenis Codesal e o I Open de Pádel.
Durante toda a semana que vén desenvolverase o open de tenis, tanto na categoría masculina como feminina, cun total de 1.500€ de premios en cada unha. Trátase dun torneo xa consolidado pois este ano chega á súa 33ª edición.
No caso do pádel, trátase da primeira edición que se vai celebrar. Haberá categoría masculina, feminina e mixta, cun máximo de catorce parellas en cada unha.
Aínda vos podedes apuntar a través de ibertenis.com ou no 652 421 675.
O Open comezará o xoves 14 e rematará o domingo 17, cando os gañadores recibirán material deportivo.
“O Club de Tenis Codesal leva moitos anos espallando o deporte entre a xente da Guarda, nenos e adultos”, resalta o alcalde Roberto José Álvarez Carrero. “Ademais estou seguro - engadiu - de que este open de pádel chegará a ter tantas edicións como o de tenis”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario