7 de ago. de 2025

A GUARDA

Álex Sierpes Pereira, todo un referente do atletismo galego

O salón de plenos da Casa dos Alonso, cheo de público, acolleu a recepción oficial ao atleta guardés, que asinou no Libro de Honra do Concello de A Guarda 


Álex Sierpes acompañado de seu irmán Christian, e da atleta Julia Vaquero, recibindo os aplausos dos representantes municipais de A Guarda, O Rosal e Tomiño, e do público
Aspecto que ofrecía o salón de plenos durante a recepción oficial á Alex Sierpes

Momento no que Álex Sierpes estampa súa sinatura no Libro de Honra do Concello de A Guarda
Álex Sierpes nun momento súa intervención
Fotos: Infogauda


Infogauda / A Guarda

 A Casa dos Alonso acolleu na noitiña de onte, mércores, 6 de agosto, a recepción oficial de Álex Sierpes Pereira.  

 O atleta brillou novamente esta tempada, que remataba cunha prata no Festival Olímpico da Xuventude Europea (FOJE). Neste ano acadou logros como ser campión de España Sub-18 nos 3.000m; subcampión de España de cross Sub-18 ou subcampión europeo de cross por clubes, na categoría Sub-20; entre outros logros.  

 Ademais acumula ata oito récords galegos Sub-18 e Sub-20 en diferentes distancias, desde os 1.500m ata os 10Km. En todos estes logros sempre leva A Guarda como bandeira.  

 O salón de plenos quedou pequeno para recibir a Álex Sierpes, quen estivo acompañado pola súa familia e amigos. O alcalde da Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, sinalou que “Álex xa é un referente non só para os máis pequenos senón tamén para os adultos”.   

 O concelleiro de Cultura e Deportes, Celso Rodríguez Fariñas, recordou que xa é costume recibir boas noticias de Álex cada fin de semana. 

 Ademais, Álex contou co apoio tamén dos concellos do Rosal e de Tomiño - representados na recepción polos concelleiros Germán Fernández Rodríguez e José Carlos Martínez Crespo, do goberno municipal do Rosal; e por Rubén García Filgueiras e Agustín González Rodríguez, do goberno municipal de Tomiño - que forman parte fundamental. xunto o concello da Guarda da súa vida persoal e deportiva. 

 Tanto José Carlos Martínez Crespo como Rubén García Filgueiras, efectuaron súas respectivas intervencións coincidindo na súa vontade de seguir apoiando a traxectoria deportiva de Álex Sierpes, así como de todos os mozos e mozas deportistas, poñendo a súa disposición as infraestruturas municipais.

 Ao acto tamén acudiu a mellor atleta guardesa ata o momento, Julia Vaquero Sousa, para dar o seu apoio a esta nova xeración de atletas.  

 A sinatura de Álex Sierpes xa figura no libro de Honra do Concello de A Guarda, mais antes quixo agradecer a “todos os que puxeron unha gran de area para que eu hoxe estea aquí”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario