26 de ago. de 2025

A GUARDA

O TocaMúsica rematará cun concerto de Wondercovers 

Este domingo, 31 de agosto, ás 12:30h fronte a igrexa de San Bieito  


 Wondercovers
Foto: Cedida

Infogauda / A Guarda 

 Co último concerto para este domingo 31 de agosto, ás 12:30h fronte a igrexa de San Bieito, chegaremos ao final do programa TocaMúsica, que conta co apoio do plan +Provincia da Deputación de Pontevedra.

 Veñen os Wondercovers, un trío vigués que vai ofrecer ao público un concerto dinámico, entretido, e tan cheo de clásicos, que se fará moi curto.... Temas de Pink Floyd, Led Zeppelin, Lynyrd Skynyrd, Jimi Hendrix, The Beatles, The Black Crowes, The Rolling Stones, The Doors, ZZ Top, Los Rodríguez...E moitos máis!  

  Dese xeito, o concerto dos Wondercovers achegará bo ambiente no mediodía do domingo, ao carón do parque de Chan de Conde. 

 E así rematará o programa TocaMúsica que leva poñendo música nas rúas desde o mes de maio con Mambas Negras; a estrea do grupo local Ínsua Band, en xuño; e o concerto de Litus, Novoa e Pirata en xullo.    

 TocaMúsica é un programa que nos permite levar a música a diferentes recunchos e rúas da vila” declara o alcalde, Roberto José Álvarez Carrero, “o que sempre dá ledicia e bo ambiente ás nosas rúas e veciñanza”.  

 Desde o primeiro intre, o programa TocaMúsica foi unha cita que marcar na axenda, levando a música a diferentes recunchos da nosa vila.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario