21 de ago. de 2025

A GUARDA

Citas para renovar DNI e pasaporte na Guarda

• Poderanse solicitar desde o martes 26 de agosto




Infogauda / A Guarda

 Desde o martes, 26 de agosto, ás 9:00 da mañá, pódese pedir cita para a renovación na Guarda, do Documento Nacional Identidade (DNI) e do pasaporte. A petición da devandita cita pode ser de forma presencial, no mostrador de información da planta baixa do Concello de A Guarda, ou chamando ao teléfono 986 61 00 00. 

 Co servizo do Vehículo Integral de Documentación (VIDOC) da Policía Nacional só é preciso acudir un día a facer o trámite. 

 O VIDOC instalarase na praza do Reló, o xoves 4 e o luns 22 de setembro. Atenderase de 9:30 a 12:30h, só con cita previa.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario