5 de ago. de 2025

A GUARDA

O Concello de A Guarda recalca facer un consumo  responsable da auga  

Non se debe usar auga para o rego de xardíns nin para recheo de piscinas  




Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda vén de facer pública á seguinte nota:

 «Desde o Concello da Guarda recalcamos facer un consumo responsable da auga ante a alta demanda do servizo, dobrando os niveis habituais.  

 Por iso, pedimos que non se use a auga para regar xardíns ou para o recheo de piscinas. Pregamos que a auga quede restrinxida á preparación de alimentos, á hixiene persoal e a outras necesidades básicas.  

 Polo momento, desde o Concello da Guarda levarase un control de contadores de auga para evitar tomar medidas máis graves.  

 Agradecemos a colaboración e comprensión de todos e todas»

Ningún comentario:

Publicar un comentario