12 de ago. de 2025

A GUARDA

Novo concerto de Meighalho Band

O dúo actuará este xoves 14 de agosto, a partir das 21:00h na rúa do Porto 

 

Guillermo Núñez Rivera e Xosé García López (Stewart)
Foto: Cedida

 Infogauda / A Guarda 

 A rúa do Porto será o escenario dun novo concerto de Meighalho Band, na Guarda. Este xoves 14 de agosto, a partir das 21:00h poderemos escoitalos para desfrutar da véspera do festivo entre amizades e música.  

Meighalho Band

 Meighalho foi fundado en 2023 por Guillermo Núñez Rivera e Xosé García López (Stewart). Desde entón, a banda buscou explorar novas sonoridades, combinando elementos da música tradicional con composicións orixinais que reflicten a diversidade cultural do seu entorno.   

 O grupo combina unha ampla variedade de influencias musicais, incluíndo a música celta, galaica, latina, jazz e rock, utilizando unha variedade de instrumentos, como cunchas, pandeiretas, tamboriis, guitarras e percusión. Este enfoque ecléctico deu lugar a un estilo distintivo que denominaron "Trazz", o cal reflicte o seu compromiso coa innovación e a reinterpretación de tradicións musicais ancestrais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario