7 de xul. de 2025

SOCIEDADE

Kike xa é sacerdote 

A comunidade parroquial da UPA Liáns-Perillo-Nos-Dorneda celebra con alegría a ordenación sacerdotal de Enrique Alonso Alonso  


Monseñor Francisco Prieto, arcebispo de Santiago de Compostela  con Enrique Alonso Alonso e Fernando Ramos Guerra
Elena Alonso Trigo e Genaro Alonso Martínez - á der. -, pais de Enrique Alonso Alonso, durante a cerimonia da ordenación sacerdotal


Redacción / Santiago de Compostela

 Nun emotivo e solemne acto celebrado na tarde de onte, 6 de xullo de 2025, na S.A.M.I. (Santa, Apostólica e Metropolitana Iglesia) Catedral de Santiago de Compostela, a comunidade parroquial da UPA Liáns-Perillo-Nos-Dorneda uniuse con alegría para acompañar a Enrique Alonso Alonso –“Kike”– na súa ordenación sacerdotal, que tivo lugar no marco dunha celebración presidida por monseñor Francisco Prieto, arcebispo de Santiago de Compostela. Xunto a el, foron tamén ordenados un novo presbítero - Fernando Ramos Guerra - e un diácono - Enrique Malvar Blanco -, que se incorporarán ao servizo pastoral da diocese compostelá.  

 O templo encheuse de fregueses procedentes das diferentes parroquias que forman a nosa Unidade Pastoral, todos eles testemuñas dun acontecemento de gran importancia espiritual e comunitaria. A ordenación de Enrique, mozo comprometido e querido pola súa comunidade, foi motivo de profundo gozo e gratitude. Non é a primeira vez que uno dos nosos fregueses responde á chamada do Señor: antes fixérono D. Carlos Miramontes como sacerdote, e D. Agustín Pérez como diácono permanente. Hoxe, con igual entusiasmo, celebramos que Enrique sómese a esta entrega, e elevamos a nosa oración por Juan Manuel Montenegro González e Félix Méndez, quen tamén dixeron “si” ao Señor e prepáranse para recibir o ministerio sacerdotal e o diaconado permanente, respectivamente.  

Unha homilía chea de tenrura e envío  

 Durante a homilía, monseñor Francisco Prieto expresou con afecto a alegría de toda a Igrexa compostelá, lembrando aos novos ordenados o valor e a responsabilidade do ministerio recibido. “Agradecede o don que recibistes”, exhortoulles, subliñando que a vocación non é unha conquista persoal, senón un agasallo de Deus, dado non para o engrandecimiento propio, senón para ser compartido co pobo.  

 O arcebispo quixo poñer o acento na humildade e humanidade dos ordenados: “Aínda que humanos e fráxiles, sodes amados polo Señor de maneira incondicional”. Desde esa conciencia, convidoulles a exercer a súa vocación como amigos do Señor e pastores segundo o seu corazón, acollendo con tenrura, sandando con misericordia e camiñando xunto a quen sofre.  

 “O sacerdote revístese da entrañable imaxe do Bo Pastor que carga coa ovella ferida, do samaritano que se detén nos camiños onde tantos necesitan ser sandados”, expresou con forza o prelado, insistindo en que o verdadeiro poder do ministerio non radica na xerarquía, senón no servizo humilde á alegría e a salvación dos demais.  

Unha misión en clave comunitaria e sinodal  

 Monseñor Prieto insistiu na dimensión comunitaria do ministerio ordenado, lembrando que Jesús enviou aos seus discípulos de dous en dous: “Nada de individualismos, por favor, nada de illas pechadas. Seredes e somos parte dunha familia diocesana, dunha fraternidade sacerdotal”.  

 Chamou tamén a alixeirar o corazón de cargas inútiles e a encherse do consolo de Dios: “Non vos carguedes con indiferenza. Enchervos do consolo que Deus pon nas vosas mans. Iso non pesa. Levades un ungüento que sanda”.  

 Nun ton pastoral e próximo, animou aos novos ministros a cultivar unha actitude de escoita e acompañamento: “Escoitade e aí poderedes dicir, consolar, abrazar, perdoar e acompañar”. Lembroulles que a autoridade auténtica apóiase non no seu nome, senón en Cristo, fonte e sostén da vocación.  

Chamados a vivir con esperanza  

 Cunha mensaxe de esperanza, monseñor Prieto concluíu a súa homilía exhortando aos ordenados a atopar a verdadeira alegría en facer a vontade de Dios. “Que a vosa alegría, anticipo da definitiva, sexa vivir segundo o querer do Señor”. Pediu tamén por toda a Igrexa diocesana, para que sexa unha comunidade acolledora onde todos atopen o seu lugar na mesa da Eucaristía.  

 Neste ano Xubilar Compostelán, o arcebispo encomendou aos novos ordenados á intercesión de María e do Apóstolo Santiago, exemplos de fe e entrega que alentan a vivir cunha esperanza que non defrauda: “Cristo, a nosa esperanza”.  

Un día de graza para a nosa comunidade  

 Para a UPA Liáns-Perillo-Nos-Dorneda, este día quedará gravado na memoria colectiva como un signo de esperanza e renovación. A ordenación de Enrique Alonso Alonso é unha bendición que reforza o sentido de comuñón e compromiso de todos os que formamos parte desta gran familia eclesial.  

 Elevamos unha oración agradecida por el e por todos os que responderon á chamada do Señor nas nosas comunidades parroquiais e comprometémonos a seguir acompañándoos coa nosa oración, proximidade e apoio.  

 Moitísimas felicidades a Kike e á súa familia á vez que damos grazas a Deus por este agasallo e por cada vocación nada entre nós. 

Galería de imaxes.

Nota da Redacción de Infogauda:

 Esta información está extraída da páxina web da parroquia de Santa Eulalia de Liáns.

Ningún comentario:

Publicar un comentario