9 de xul. de 2025

O ROSAL

A Festa da Crianza prepara a súa segunda edición cunha espectacular xornada para desfrutar en familia  

•  Nenos, nenas e maiores xuntaranse a partir das 10 h nas Aceñas nesta actividade organizada pola asociación Xoaninhas Crianza Respectuosa 

  



Infogauda / O Rosal

 A Festa da Crianza de Xoaninhas Crianza Respetuosa prepárase para desfrutar dunha segunda edición cargada de éxito. A área recreativa das Aceñas reunirá a nenas, nenos e maiores para gozar dunha xornada chea de actividades en familia totalmente de balde.  

 A xornada comezará ás 10.00 horas cun obradoiro de ioga en familia que dará o pistoletazo de saída a un evento que continuará ás 11.30 h con ‘Danza co teu bebé’; ás 12.30 h co concerto de Antón Ke e un xantar con comida a prezos populares. 

 Pola tarde a actividade continuará ás 16.00 horas cun obradoiro de barro e un faladoiro sobre crianza  e un obradoiro de baile tradicional ás 18.00 horas. 

 O broche de ouro da xornada será unha gran foliada a partir das 19.00 horas, na que se anima a participar a todo o público cos seus propios instrumentos. 

 A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, convida a toda a veciñanza a participar nesta Festa da Crianza que xa na súa primeira edición amosou coa grande acollida o grande interese e compromiso de rosaleiros e rosaleiras coas iniciativas culturais e educativas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario