O Rosal inaugura a súa XXXIII Feira do Viño con emoción, tradición e espírito de comunidade
• A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, destacou o compromiso coa calidade, co sostible e coa identidade dun territorio orgulloso das súas raíces
Infogauda / O Rosal
O corazón do Rosal latexou con forza coa inauguración da XXXIII Feira do Viño, que arrancou cun acto institucional cheo de simbolismo, emoción e recoñecemento á tradición vitivinícola da comarca. A praza do Calvario converteuse no escenario principal desta celebración que se consolida como unha das citas máis destacadas do calendario galego.
A
alcaldesa Ánxela Fernández Callís destacou que “o viño do Rosal non é só unha bebida, é a
historia de milleiros de mans traballadoras, é a tradición que une xeracións e
o símbolo dun territorio vivo e orgulloso”, afirmou. A rexedora tamén subliñou
que esta será a edición “máis dinámica, sostible e segura” da historia da
Feira.
Carlos Gómez, presidente da Confraría dos Cabaqueiros do Viño do Rosal, participou no acto pero non puido ofrecer o seu discurso por problemas de afonía. Aínda así, declarou aos medios presentes o valor estratéxico do sector vitivinícola como motor de vida e futuro para o rural.
O
pregoeiro da edición 2025 foi o experto vitivinícola Ziyang Zhang,
asesor da Embaixada de China en España e director da Guía Peñín, en Asia, quen
conquistou ao público cun discurso emotivo e cheo de profesionalidade no que
puxo en valor o potencial internacional dos viños do Rosal. “Vengo
de un país donde el té es arte, pero he descubierto que en Galicia, y
especialmente en O Rosal, el vino también es poesía”, afirmou ante os aplausos
do público. Zhang destacou que os viños da comarca están a traspasar fronteiras
e emocionan tamén fóra de Galicia: “Porque, créanme, cuando un vino de O Rosal
llega a una copa en Shanghái o en Pekín, no solo se brinda por su sabor, se
brinda por Galicia entera”. O acto foi conducido por Nani Matos (Camposancos - A Guarda, 4 de novembro de 1966) recoñecido
polos seus éxitos cinematográficos, quen deu paso ás intervencións das
autoridades.
Durante
o acto tamén
se celebrou o tradicional nomeamento de confrades de honra e cabaqueiros,
un dos momentos máis esperados da inauguración. Nesta edición foron nomeados
confrades de honra:
- Alfonso
Dorado Senra, do Grupo Filatélico e Numismático Val do Rosal, quen
recibiu a homenaxe por sorpresa cunha ovación especial do público, despois de 30 anos de Mostra na Feira. Amosouse profundamentre emocionado
e agradecido.
- A Unión
Deportiva Ribera, representada polo seu presidente Óscar Barbosa, polos
seus 75 anos de fútbol no Concello.
- A
Sociedade Deportiva Atlético Novás, representada por Andrés Senra Pregal,
polos 50 anos de balonmán.
- Marcelino Escolar Martínez, impulsor clave do
sector desde a empresa Inoxes.
- O propio
pregoeiro, Ziyang Zhang.
Así
mesmo, nove persoas foron nomeadas Cabaqueiros do Viño do Rosal 2025,
representando a cada unha das adegas participantes, simbolizando a unión entre
tradición e renovación no sector.
O
acto pechouse cun brinde colectivo entre autoridades, representantes das
adegas, confrades e público asistente, seguido dunha visita institucional ás
exposicións e un pincho de confraternidade.
A Feira continuará ao longo de toda a fin de semana cun amplo programa de actividades para todos os públicos, música en directo, obradoiros, catas comentadas, escape room e espazos para as familias, consolidando ao Rosal como capital do viño, da cultura e da festa con alma.
PROGRAMA 18 | 19 | 20 xullo
VENRES 18 de
xullo
11.30 h Cata comentada de viños do Rosal a cargo de
Ziyang Zhang (inscrición previa)
13.30 h
Inauguración e pregón da feira a cargo de
Ziyang Zhang (director da Guía Peñín en China) e apertura de
casetas.
18.30 h
Presentación e inicio do escape room Segredos entre barricas
23.30 h Concerto:
La Patrulla
02.00 h Peche da
feira
SÁBADO 19 de
xullo
11.30 h Apertura
das casetas
12.30 h Cata para
público xeral a cargo de Jorge Vila (Galicia Wine Academy): Aprendendo a
catar cos viños do Rosal. As 4 claves para catar un viño (inscrición
previa)
13.30 h Concerto:
Os Bregadiers
19.00 h
Espectáculo infantil/familiar: O tranvía Leonardo
20.00 h
Pasarrúas: Batucada Lenha Verde
23.30 h Concerto:
Meigallo
02.00 h Peche da
feira
DOMINGO 20 de
xullo
11.00 h Visita
guiada ao retablo da igrexa de Santa Mariña e Museo do Cabaqueiro
11.30 h Apertura
das casetas
12.00 h Obradoiro
de cociña infantil a cargo de Isaac Míguez (inscrición previa)
12.30 h Cata para
público xeral a cargo de Jorge Vila (Galicia Wine Academy): Aprendendo a
catar cos viños do Rosal. As 4 claves para catar un viño (inscrición
previa)
12.30 h
Pasarrúas: Grupo de Gaitas Airiños do Folón
13.30 h Concerto:
Famous Corner
18.30 h
Espectáculo infantil/familiar: Pepiña Maruxiña quere voar
20.00 h Concerto:
Andhrea and the Black Cats
00.00 h Peche da
feira
EXPOSICIÓNS
Do 18 ao 20 de
xullo:
Sala de exposicións do Concello do Rosal
De 11.00 a 14.00
h - 18.00 a 22.00 h
- Exposición Debuxos do Rosal en tinta
chinesa, de Berto Franco
- Exposición
Arquitectura en poliexpan, de Ramón González
- XXX Mostra Filatélica a cargo do Grupo
Filatélico e Numismático Val do Rosal
Museo do Cabaqueiro:
De 11.30 a 14.00
h - 18.00 a 20.00 h
AUTOBUSES
Prezo: 2,5€ para
as rutas circulares do Rosal
3€ para as circulares polo resto da comarca
CIRCULAR SAN XIÁN
O ROSAL
San Xian |
Portecelo | A Guarda | Pancenteo
Marzán | Novás |
Fornelos | O Calvario
CIRCULAR TUI
TOMIÑO GOIÁN O ROSAL
Tui | Tomiño |Goián
|As Eiras | Tabagón
San Miguel | Pías
| A Cumieira | O Calvario
VENRES 18 de
xullo
CIRCULAR SAN XIAN
A GUARDA O ROSAL
Saída San Xian –
O Rosal
21.00 h | 22.30 h
| 0.00 h | 01.30 h
Saída O Rosal –
San Xian
21.45 h | 23.15 h
| 00.45 h | 02.15 h
CIRCULAR TUI
TOMIÑO O ROSAL
Saída Tui-Tomiño-Goián
-O Rosal
20.45 h | 22.15 h
| 00.30 h
Saída O Rosal- Goián-Tomiño-Tui
21.30 h | 23.45 h
| 01.15 h
SÁBADO 19 de xullo
CIRCULAR SAN XIÁN
O ROSAL
Saída San Xián- O
Rosal
19.30 h | 20.15 h
| 21.00 h | 21.30 h | 22.30 h | 00.00 h | 01.30 h
Saída O Rosal-San
Xián
20.15 h | 21.45 h
| 23.15 h | 00.45 h | 02.15 h | 2.45 h | 03.00 h | 03.15 h
CIRCULAR TUI
TOMIÑO GOIÁN O ROSAL
Saída Tui-Tomiño-
Goián-O Rosal
18.30 h | 20.45 h
| 00.30 h
Saída O Rosal-Goián-Tomiño-Tui
20.00 h | 23.45 h
| 01.15 h
DOMINGO 20 de xullo
CIRCULAR SAN XIÁN
O ROSAL
Saída San Xián- O
Rosal
19.30 h | 20.30 h
| 21.30 h
Saída O Rosal –
San Xián
22.15 h | 23.00 h
CIRCULAR
TUI-TOMIÑO-GOIÁN-O ROSAL
Saída Tui-Tomiño-
Goián-O Rosal
19.00 h
Saída O Rosal- Goián-Tomiño-Tui
22.30 h
ADEGAS PARTICIPANTES
Adegas Valmiñor
Adegas Novás
Altos de Torona
Lagar de
Pedregales
Lagar de Fornelos
O Aforado
Quinta de Couselo
Santiago Ruiz
Terras Gauda
Conservas A
Rosaleira
Ningún comentario:
Publicar un comentario