7 de xul. de 2025

DEPORTES

 PIRAGÜISMO

BRONCE PARA NEREA ÁLVAREZ NA 3ª COPA DE ESPAÑA DE SLÁLOM 

 

Nerea Álvarez - coa súa medalla de bronce - xunto as compañeiras/os do Club Deportivo Miño - Teixugos


Informa (fotos e redacción): Rosa Fernández Carrera

 Esta fin de semana nova cita cunha Copa de España “Jóvenes Promesas” de Slálom, concretamente a 3ª, na localidade de Sort, en Lleida. Nestas competicións participan mozas e mozos das tres categorías anteriores a júnior: cadete, infantil A e infantil B. Participación moi numerosa, con máis de douscentos palistas de vinte e catro clubs de toda España, seis dos cales pertencían ao  Club Deportivo Miño-Teixugos.  


Nerea Álvarez - á der. -, volveu facer podio ao rematar terceira na final, logrando seu segundo bronce nas copas de España

    

 As nosas representantes da categoría Infantil A feminino, tiveron dobre participación ao baixar en C1 e K1. En canoa, gran actuación de Nerea Álvarez que volveu facer podio ao rematar terceira na final, segundo bronce para a teixuga nas copas de España. Leila Álvarez foi quinta e Catalina Sánchez sétima. En caiac ou K1 Nerea quedou fóra do podio por unha penalización por toque,  rematando cuarta a menos dun segundo de acadar un novo bronce; Leila Álvarez despois de facer unhas moi boas clasificatorias, rematou sétima na final; Catalina Sánchez foi oitava.  

 En K1 Infantil B Feminino, Rita Olveira pasou as finais  quedou sexta. 

 En K1 Infantil B Masculino Lois Montenegro conseguiu meterse nas finais do domingo, onde rematou cuarto, a menos de dous segundos de subir ao podio. 

 En K1 Cadete Masculino, Brais Cambra non acadou pase a finais, rematando trixésimo quinto.  

 Na clasificación final por equipos o Club Deportivo Miño-Teixugos rematou quinto por detrás dos grandes clubs catalás e vascos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario