FÚTBOL
Inscricións abertas para a tempada 2025/26
U.D. Ribera / O Rosal
Xa estamos a traballar nunha nova e emocionante tempada, e por iso abrimos o período de inscricións na mellor escola de fútbol.
Tras o gran crecemento do curso pasado, este ano ampliamos categorías para poder cubrir toda a demanda.
Se estás a buscar un lugar onde a formación deportiva e educativa vaian da man, este é o teu sitio.
Contamos cunha metodoloxía adaptada a cada categoría e un equipo de adestradores experimentados que se enfocan no desenvolvemento integral de cada xogador, tempada tras tempada.
*Ofrecemos un mes de proba sen compromiso para que coñezas a nosa metodoloxía e valores. Se decides continuar, ese mes cobrarase como parte da tempada.
Para máis información non dubides en escribirnos, estaremos encantados de axudarche e resolver calquera dúbida.
Contacto: 651 578 331
Tamén podes enviarnos unha mensaxe privada por redes sociais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario