24 de xul. de 2025

A GUARDA

As citas para renovar o DNI e o pasaporte na Guarda  

  Abriranse o vindeiro martes, 29 de xullo 




Infogauda / A Guarda

 A partir do martes, 29 de xullo, pódese pedir cita para a renovación na Guarda do Documento Nacional Identidade (DNI) e do pasaporte. 

 A cita pódese solicitar de forma presencial no mostrador de información da planta baixa do Concello de A Guarda ou chamando ao teléfono 986 610 000. 

 É a primeira vez que hai servizo de renovación de DNI durante todo o verán, os meses de xullo e agosto.   

 Recordamos que co servizo do Vehículo Integral de Documentación (VIDOC) da Policía Nacional só é preciso acudir un día a facer o trámite. 

 O VIDOC instalarase na praza do Reló, o mércores, día 6, e o luns, día 25, de agosto. 

 Atenderase de 9:30 a 12:30h, só con cita previa.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario