10 de xul. de 2025

A GUARDA

Cultura no Camiño trae tres espectáculos diferentes á axenda guardesa deste verán  

Caracterízanse por ser para toda a familia, e terán lugar os días 17 e 31 de xullo; e o 13 de agosto, ás 20:30h, no auditorio de san Bieito  




Infogauda / A Guarda 

 Cultura no Camiño trae este verán á nosa vila, tres espectáculos para desfrutar en familia nas tardiñas, ás 20:30h, no auditorio de san Bieito.  

 O primeiro deles será o próximo xoves 17 de xullo co espectáculo “Hoxe, si!”, que promete un show en linguaxe de clown con acrobacias aéreas e, sobre todo, moito humor.  Este espectáculo ten toques de nostalxia cómica e interactúa de maneira directa co público, convidándolle a ser partícipe desta festa. 

 

“Hoxe, si!”, promete un show en linguaxe de clown con acrobacias aéreas e, sobre todo, moito humor
Foto: Cedida

 

 Trátase dunha festa organizada para celebrar a vida e onde Ela quere facer realidade os seus “soños pendentes por cumprir”. É unha proposta desenfadada ambientada nos 80, unha invitación a xogar, a desfrutar, a soltarse e a vivir celebrando o momento presente.  

 Para o seguinte espectáculo xa haberá que agardar o 31 de xullo, para gozar do evento “O que non se ve” de Et Susseia Danza, onde mesturarán danza e tradición. 

 Finalmente, o mércores 13 de agosto a compañía As Sircópatas chegará con “Rogelio III, la fête”, un espectáculo de clown e moito humor.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario