O grupo Terapia de jueves exporá as súas pinturas por primeira vez na Guarda
• O próximo venres, 18 de xullo, ás 20:30h, na Casa dos Alonso, será inaugurada a exposición, que se manterá aberta ata o 30 de xullo, polas mañás
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda acollerá desde o próximo venres. 18 de xullo, ás 20:30h, na Casa dos Alonso será inaugurada unha exposición de pintura do grupo Terapia de jueves.
Trátase dunha exposición de diversas técnicas e temáticas, pois o nexo desta exposición son os artistas que hai detrás. Un grupo de amigos amantes da pintura que se reúnen cada xoves para desfrutar xuntos da pintura, á vez que se relaxan e charlan.
Por iso, as persoas veciñas e visitantes atoparán obras de variedade temática realizadas con diversas técnicas (acuarela, óleo, rotulador...). Uns coñecementos que aprenderon en gran medida, no punto de unión deste grupo: as clases da pintora guardesa Rosabell González Martins.
O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero destaca que “volvemos a ter unha exposición organizada por veciños e veciñas, na que ademais demostran ese poder da arte para ser punto de reunión entre amizades e tamén ese poder relaxante e sanador”.
A exposición do grupo Terapia de jueves manteráse aberta ás visitas, ata o 30 de xullo polas mañás.
En calquera caso, ata o día 15 de xullo estará a exposición de figuras metálicas feitas con material reciclado por Genaro Alonso Martínez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario