Danza e tradición únense na segunda para de Cultura no camiño na Guarda
• O espectáculo “O que non se ve” chegará o próximo xoves, 31 de xullo, ás 20:30h, ao auditorio de san Bieito
Infogauda / A Guarda
A segunda parada de Cultura no Camiño vai traer un espectáculo de danza, a cargo da compañía Et Susseia. Será o próximo xoves, 31 de xullo, ás 20:30h, no auditorio de san Bieito.
"O que non se ve" representa a través da danza a forza e a loita da muller na sociedade actual. Unha mestura de danza tradicional e comtemporánea, que pretende mostrar o que existe debaixo das vestimentas tradicionais e no interior das mulleres do noso país.
Con esta obra conxugan estilos moi diferentes, pero á vez moito en común. E mergúllanse na percusión tradicional pero enfocándoa cara un aspecto máis actual. Tamén mudan as letras das melodías, facendo letras propias, nas que amosan o poder da muller na tradición oral.
Nas coreografías creadas por Erick Pegueros, Diego Landín e Gustavo Couto, mesturadas co son da música de tradición oral, identifícase a enerxía das mulleres do rural galego, nas melodías que grazas a elas chegaron ata nós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario