21 de xul. de 2025

A GUARDA

O campo municipal de fútbol da Sangriña será máis accesible para todas as persoas usuarias

As obras - que contan cun orzamento de 118.512,99€ -, xa deron comezo    


O alcalde e membros do goberno local, xunto a un dos operarios que están realizando as obras no campo municipal de fútbol da Sangriña

Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda 

  O campo municipal de fútbol da Sangriña atópase en obras na súa zona de oficina e cafetería. Deste xeito, renovaranse as instalacións das oficinas, da cafetería, da taquilla e dunha sala.  

 O gran cambio será a pasarela que unirá a entrada coas gradas, eliminando unha das baixadas e facilitando a entrada de espectadores con mobilidade reducida, con cadeira de rodas, con carriños...  

  “Con esta intervención, o Concello de A Guarda aposta pola mellora das instalacións deportivas, non só para a práctica do deporte, senón tamén para o desfrute das familias e dos espectadores que acoden a apoiar aos equipos locais, indican desde o goberno local, que preside Roberto José Álvarez Carrero.  

 “Estamos moi contentos de poder darlle esta renovacións ás instalacións do campo da Sangriña, pois é un punto de encontro para desfrutar do deporte e debe ser accesible para todos e todas”, afirma o alcalde. 

 Actualmente, o campo municipal da Sangriña é a sede dos equipos de fútbol do Sporting Guardés,  da Unión Guardesa e do equipo de fútbol gaélico Gróvias F.G.  

 Esta intervención conta cun orzamento de 118.512,99€, dos cales 69.715,10€ proveñen da subvención do Plan Extraordinaro de Infraestrutruras Deportivas da Deputación de Pontevedra e os 48.797,89€ son aportación do Concello de A Guarda.  

 O campo de fútbol da Sangriña únese ao outro proxecto de renovación deportiva na zona da Atalaia, onde se están rematando as reformas da pista multideportiva e a construcción do novo circuíto de impulso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario