2 de xul. de 2025

A GUARDA

Menos de 48 horas para dar comezo á XXXIII Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira

A festa gastronómica por excelencia da Guarda comezará este venres, 4 de xullo, ás 12:00h, no porto 


Vista do porto de A Guarda
Foto: Infogauda


 Infogauda / A Guarda 

 O porto de A Guarda xa se está preparando para a XXXIII Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira, cunha carpa de 1.200 metros cadrados - con máis superficie que en edicións precedentes -, que nesta ocasión, abrirá ás 12:00h deste venres, día 4 de xullo. Previamente, ás 11:30h, o Grupo de Gaitas do Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda, efectuarán un pasacalles para ambientar coa súas músicas todos os recunchos da vila.   


Rafa Durán, actor, animador, cómico e presentador de TV, será o pregoeiro da XXXIII Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira 
Foto: Cedida

 A inauguración oficial da XXXIII Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira será este venres, ás 20:30 h, no porto de A Guarda, e contará con Rafa Durán, como pregoeiro. O actor, animador, cómico e presentador de TV, será o encargado de darnos a benvida a esta edición da festa. Ademais, farase entrega da Lagosta de Honra á Agrupación Musical de A Guarda, que este ano celebra seu XX aniversario.  

 O exterior da carpa, situada no porto converterase en escenario de tres concertos: A banda Meighalho, a Agrupación Musical de A Guarda e O Sonoro Maxín, para desfrutar da mellor gastronomía con música durante toda a fin de semana.   

 Ademais este ano contamos cun espectáculo moi diferente e dirixido ao público familiar, o sábado ás 20:00h. Trátase do espectáculo “Volando vengo!” de Kanbahiota, catro trapecistas que mesturan humor e acrobacias.  

 “A Festa da Langosta xa vai máis alá dunha carpa onde comer”, manifestaba o alcalde, Roberto José Álvarez Carrero, “este ano contamos con moita música, ademais gran parte dela de orixe local, e con espectáculo para desfrutar en familia dunha fin de semana espectacular”.  

 Durante o sábado e domingo haberá saídas de navegación co volanteiro Piueiro, tanto pola mañá (11:00 e 12:00h) como pola tarde (17:00 e 18:00h). A información e as reservas estarán dispoñibles no punto de información do interior da carpa.   

 Tras os excelentes datos de asistencia do ano pasado, cando se venderon máis de 700kg de langosta (270kg só o sábado ao mediodía), nesta edición, o Concello de A Guarda aposta por ampliar a festa.  Deste xeito, ademais do horario, tamén se amplía a capacidade da carpa ata os 600 comensais para que veciños e visitantes, poidan gozar comodamente desta festa.  

 Polo tanto, unha carpa de 1.200 metros cadrados estará aberta durante os tres días da fin de semana no porto de A Guarda para gozar dunha gastronomía excepcional. Entre os máis de 20 produtos e pratos mariñeiros, a lagosta segue ser a protagonista e os restaurantes ofrecen a lagosta cocida e á prancha. Dende a primeira edición a sobremesa estrela que acompaña a lagosta é o roscón de xema, sobremesa típica guardesa desde hai máis de 70 anos.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario