11 de xuño de 2025

TUI

180 nenos e nenas de 6º de Primaria convivirán na Aloiada 2025 

  Celebrarase o venres, día 13 de xuño


No acto de presentación da Aloiada, 2025, participaron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; a concelleira de Educación, Sonsoles Vicente; o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez; así como os directores e directoras dos sete centros participantes, Verónica Martín, do CEIP de Pazos de Reis; Nuria Garabal do CEIP Nº 1; Ramiro García do CEIP Nº 2; Nerea Castro, do CEIP de Rebordáns; Manuel González, do CEIP de Caldelas; Paula Lima, do CEIP de Guillarei; e Roberto Díez, do CPR Santa María Maristas
Foto: C.T.

Infogauda / Tui

Un total de 180 alumnos e alumnas de 6º de sete centro educativos de Tui participarán este venres na Aloiada 2025. Aínda que inicialmente estaba previsto que esta actividade se desenvolvese durante dous días, xoves e venres, incluíndo a noite no Aloia, debido a previsión meteorolóxica adversa para mañá xoves tivo que suspenderse por seguridade a actividade desta primeira xornada.  

 Así se deu a coñecer esta mañá na presentación da Aloiada 2025. No acto participaron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; a concelleira de Educación, Sonsoles Vicente; o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez; así como os directores e directoras dos sete centros participantes, Verónica Martín, do CEIP de Pazos de Reis; Nuria Garabal, do CEIP Nº1; Ramiro García, do CEIP Nº 2; Nerea Castro, do CEIP de Rebordáns; Manuel González, do CEIP de Caldelas; Paula Lima, do CEIP de Guillarei; e Roberto Díez, do CPR Sta Mª - Maristas. 

 O alcalde, Enrique Cabaleiro, na súa intervención  salientou que a Aloiada reflicte o compromiso da comunidade educativa co alumnado nunha actividade que promove o contacto entre o alumnado de 6º de Primaria que o próximo curso coincidirá nos estudos de Secundaria, e tamén co entorno natural que temos en Tui. Amosou o rexedor o compromiso do concello con esta actividade.    

 A concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, destacou na súa intervención o enriquecedora desta experiencia que se desenvolve en pleno contacto coa natureza. Lembrou coma inicialmente foi promovida polo CEIP nº2 e se foron sumando os distintos centros educativos tudenses.  En nome dos centros educativos Ramiro García, director do CEIP nº2, salientou coma esta actividade é unha das máis importante que levan a cabo nos centros educativos, e representa unha oportunidade de convivencia para todo o alumnado de 6º de Primaria do Municipio. Mentres Nuria Garabal, directora do CEIP nº1 explicou coma por seguridade, ante a adversa previsión do tempo para mañá xoves se suspende a actividade deste primeiro día. O venres o alumnado subirá ao Parque Natural Monte Aloia onde realizan actividade de sendeirismo para baixar até o parque do Penedo e logo practicarán piragüismo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario