Tomiño prepárase para a súa Makrofesta
• Este sábado 21 de xuño, a partir das 23 h a Asociación Comisión de Festas do Alivio organiza, en colaboración co Concello, unha noite de música electrónica con DJs de referencia en Galicia
Infogauda / Tomiño
Tomiño converterase este sábado 21 de xuño no epicentro da música electrónica galega. A explanada do Alivio acollerá, a partir das 23.00 horas, a Makrofesta, unha noite cargada de ritmo, luces e sons que contará cun cartel de luxo protagonizado por algúns dos disc-jóckeys máis destacados do panorama galego.
Kike Varela, Taydleon, BrokkTT, Jorge Álvarez, DJ Charlie e Shameless subirán ao escenario para facer bailar ao público nun evento organizado pola Asociación Comisión de Festas do Alivio coa colaboración do Concello de Tomiño. As entradas xa están á venda cun prezo único de 10 euros.
“A mocidade de Tomiño merece espazos de ocio seguros e de calidade, que combinen diversión con bo ambiente. Esta Makrofesta é unha oportunidade perfecta para gozar da música electrónica en directo sen saír do municipio”, destaca a alcaldesa Sandra González, quen puxo en valor o traballo organizativo da Comisión de Festas do Alivio.
O evento súmase ao calendario de actividades culturais e festivas que animan os meses de verán en Tomiño, cunha proposta novidosa que aposta por estilos actuais e pola dinamización da mocidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario