25 de xuño de 2025

A GUARDA

A XXXIII Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira,  de A Guarda, foi presentada en Marín

O evento gastronómico por excelencia da Guarda comezará o venres 4 de xullo, ás 12:00h, coa apertura da carpa e o comezo dunha saborosa fin de semana


A alcaldesa de Marín e o alcalde o o tenente de alcalde de A Guarda, cunha representación dos hostaleiros guardeses, na presentación da XXXIII Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira
Fotos: C.A.G.
Lagostas, berberechos, camarons, cigalas, langostinos, navallas, nécoras, percebes, polbo, vieiras, zamburiñas,... 


Infogauda / A Guarda  

 Co obxectivo de dala a coñecer entre a veciñanza  marinense, para que nos visiten a próxima semana co gallo da XXXIII Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira, esta celebración gastronómica foi presentada hoxe en Marín.  

 As persoas que asistiron á presentación puideron gozar dos produtos que se poderán degustar no porto de A Guarda na primeira fin de semana de xullo, concretamente os días 4, 5 e 6. Os asistentes quedaron abraiados pola calidade destes produtos.   

 O alcalde da Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, deu a benvida a este “pequeno petisco para que poidamos abrir o padal e en 10 días xuntarnos dentro desa carpa, aberta a todo o público con prezos moi populares, para que poidamos degustar da nosa gastronomía”.  

 Pola súa banda, a alcaldesa de Marín, María Pilar Ramallo Vázquez, sinalou que a Festa da Lagosta é “unha festa importante que está xa sinalada no calendario e que pretende ano a ano ir crecendo e ofrece o mellor”.  

 A cita gastronómica será o venres 4 de xullo, a partir das 12:00h, momento no que abrirase á carpa para comezar a gozar ao máximo unha fin de semana de boa gastronomía. Xa pola tarde, ás 20:30h será o pregón no porto a cargo de Rafa Durán, para continuar co resto da programación de entretemento e musical.

Ningún comentario:

Publicar un comentario