O Campamento Dixital, para a rapazada de 14 a 17 anos, vai chegar a nosa vila
• Os participantes aprenderán ferramentas para o seu futuro como facer un currículum vítae, ou usar a IA
Infogauda / A Guarda
Este verán A Guarda desfrutará do Campamento Dixital para a rapazada entre os 14 e os 17 anos.
Campamento Dixital é un programa de actividades extraescolares de balde en competencias dixitais. Os adolescentes aprenderán ferramentas necesarias para potenciar a súa empregabilidade e emprendemento, crear contido de forma creativa e segura, e explorar o mundo da intelixencia artificial, a programación e a ciberseguridade.
Entre as actividades propostas estará crear un currículum vítae e deseñar campañas de márketing como un administrador de comunidade. Pero tamén aprenderán a coidar a súa imaxe na internet e descubrir as oportunidades laborais máis demandadas e as mellores estratexias para lanzar o seu proxecto dixital.
Ademais poderán dar renda solta á súa imaxinación, deseñando imaxes e textos coa intelixencia artificial, facendo unha reflexión sobre o seu uso. A través de simulacións e retos, crean o seu propio videoxogo, aplicacións ou páxinas web, e aprenden a protexer dispositivos, configurando contrasinais, permisos e redes de fidelidade inalámbrica.
As inscricións xa están abertas a través do formulario: https://forms.gle/rqpKuXsV1DayMX158
A actividade desenvolverase do luns 14 de xullo ao xoves 24 de xullo, de 10:00h a 13:00h na Aula CeMit do Centro Cultural de A Guarda.
Para máis información, a través da OMIX da Guarda ou do correo electrónico informacion@aguarda.es
Esta é unha iniciativa impulsada pola Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Digitales para la Infancia (CODI), posto en marcha polo Ministerio de Xuventude e Infancia, financiado polos fondos Next Generation da Unión Europea.
Ningún comentario:
Publicar un comentario