14 de xuño de 2025

A GUARDA

REPOSTO UN ESPELLO NA BAIXADA ÁS CETÁREAS

Un espello semellante ao anteriormente existente, vén de ser colocado no soporte ubicado ao carón da senda compartida por peóns e ciclistas
A ubicación dese espello permite aos conductores que queiran acceder desde ese lugar, á estrada PO-552, coñecer se se aproximan vehículos a motor, ciclistas ou peóns
Secuencia de imaxes fotográficas que acreditan a reposición do espello cóncavo na seu emprazamento
Fotos: Infogauda

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
 
 Un espello cóncavo, semellante ao anteriormente existente, que por motivos que descoñecemos deixou de estar no seu emprazamento - feito do cal, tan axiña como constatamos a súa "desaparición" informamos neste xornal dixital transfronteirizo, e deixamos constancia diso na Alcaldía e na Policía Local, respectivamente, do Concello de A Guarda - vén de ser reposto na intersección da estrada de baixada as cetáreas - A Redonda e Altiña -, coa estrada autonómica de Galicia, PO-552, que enlaza a cidade de Vigo con Tui e a fronteira portuguesa seguindo a ría de Vigo, o océano Atlántico e o curso inferior do río Miño.
 Esa reposición foi realizada esta mesma semana, como puidemos constatar, motivo polo cal, agradecemos públicamente que se subsanase á carencia da cal nos fixéramos eco oportunamente. Agradecemento que facemos extensivo ás persoas que nos amosaron seu apoio pola información publicada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario