Ángel Martínez, noso autor guardés, vai presentar o seu segundo libro “Lección aprendida, recluta muerto”
• O próximo mércores 18 de xuño, ás 20:30h, no salón de plenos da Casa dos Alonso
Infogauda / A Guarda
“Lección aprendida, recluta muerto”. Ese é o título do segundo libro que publica o autor guardés Ángel Martínez Fernández, de apenas 20 anos.
A presentación deste novo libro terá lugar o próximo mércores, 18 de xuño, ás 20:30h., no salón de plenos da Casa dos Alonso.
Ademais do autor de “Lección aprendida, recluta muerto”, o acto contará coa participación do historiador Joaquín Miguel Villa Álvarez, e do alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero.
Ángel Martínez refire que sempre se interesou pola guerra do Sáhara e do Sidi Ifni, pois “desde moi pequeno o meu avó sempre me falaba disto. Eu non entendía nada, pero conforme fun crecendo, fun descubrindo o transfondo que había tras a historia”, comenta o autor.
“É un orgullo para min, como antigo profesor del, ver como ese interese levouno a traballar moi duro e conseguir materializalo neste libro”, confesa o alcalde.
Na presentación poderemos coñecer máis sobre o libro “Lección aprendida, recluta muerto”, que trata, entre outros temas, sobre a vida, o misterio e as intrigas da guerra do Sidi Ifni, xa que segundo Ángel Martínez “esa xente ten que ser recordada polo que fixo, sufriu e non só ter unha mera nota de páxina nos libros de Historia”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario