10 de xuño de 2025

A GUARDA

A Guarda vai celebrar en xullo a segunda edición de A Rosegha, organizada pola Asociación Piueiro coa colaboración da Deputación de Pontevedra  

  Durante dous días, o porto da Guarda encherase de vida coas maquetas de barcos tradicionais, as navegacións para todas as idades, os obradoiros, as exposicións e as saídas en O Piueiro  


 Organizadores de A Rosegha, no porto da Guarda

Mar Bermúdez / A Guarda 

 A vila mariñeira da Guarda volverá vivir unha fin de semana moi especial os días 12 e 13 de xullo coa celebración da segunda edición de A Rosegha, unha iniciativa da Asociación Piueiro que conta co apoio da Deputación de Pontevedra.  

 Durante dous días, o porto da Guarda encherase de vida coas maquetas de barcos tradicionais, as navegacións para todas as idades, os obradoiros, as exposicións e as saídas en O Piueiro, a embarcación da asociación organizadora. Será unha ocasión única para disfrutar, aprender e compartir o patrimonio mariñeiro dun xeito participativo e festivo.  

 Como xa aconteceu na primeira edición, todo o pobo da Guarda vólcase con esta proposta, tanto nas tarefas organizativas como na acollida das persoas que se achegan a vivir a experiencia. A Rosegha é, cada vez máis, unha cita de referencia para as persoas que aman o mar e a cultura que o rodea.  

 A participación é aberta, aínda que para algunhas actividades —como as navegacións ou o aloxamento— será preciso inscribirse previamente. Toda a información está dispoñible na páxina web da Asociación Piueiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario