25 de maio de 2025

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS CONMEMOROU SEU I CENTENARIO


Vista parcial da asistencia ao acto de conmemoración do I Centenario da Entidade Local Menor de Camposancos
Fotos: José Fernando Martínez

José Fernando Martínez Martínez / Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos 

 Na tarde de onte, sábado, 24 de maio de 2025, a praza de san Amaro, acolleu os actos de conmemoración do I Centenario da Entidade Local Menor de Camposancos.

 O evento, que comezou á hora prevista e foi presentado por Miguel Ángel Fernández Lomba (vogal do BNG), contou coa asistencia da alcaldesa-pedánea da Entidade Local Menor (E.L.M.), Mª Mercedes Martínez Vázquez "Merchi", así como ás persoas que forman parte da xunta veciñal da devandita E.L.M., e veciñanza de Camposancos. 

 Asemade, tamén asistiron o alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, e a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, así como representantes de todas as formacións políticas con representación no Concello de A Guarda e na Entidade Local Menor de Camposancos.

 A conmemoración contou tamén coa asistencia do ex alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, e a ex concelleira de Cultura, Mª Montserrat Magallanes Álvarez.

 Tamén asistiron ex presidentes da E.L.M. de Camposancos e familiares de ex presidentes xa finados, que recibiron as correspondentes insignias conmemorativas. 


Momento no que Lali Lomba Sobrino, recolleu á insignia conmemorativa correspondente a seu avó, e súa nai Chus Sobrino, recollería a do seu esposo, José Luis Lomba Alonso

 O acto do I Centenario da Entidade Local Menor de Camposancos tamén contou coa asistencia de varios presidentes das diferentes Entidades Locales Menores da provincia de Pontevedra, como Queimadelos, Arcos da Condesa, Morgadans, Pazos de Reis, Chenlo e Vilasobroso, os cales tamén recibiron os devanditos distintivos.


Mª Mercedes Martínez Vázquez, nun momento da súa intervención

 Como correspondía con tan destacada ocasión interviu Mª Mercedes Martínez Vázquez, alcaldesa-pedánea da Entidade Local Menor (E.L.M.), que deu á benvida a todas ás persoas asistentes, agradecendo a súa asistencia.

 Pola súa parte, Joaquín Miguel Villa Álvarez, licenciado en Xeografía e Historia na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela (1991) e doutor en Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela (2000), fixo un percorrido cronolóxico e histórico das Entidades Locales Menores, de Galicia. Asemade, foi presentada unha publicación da súa autoría, que foi posta en circulación nese mesmo acto.

 Ademais dos diferentes turnos de intervencións, o alcalde do Concello de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, fixo unha breve alocución.

 A celebración do I Centenario da E.L.M. de Camposancos contou coa participación da banda de música da Agrupación Musical de A Guarda, dirixida por Víctor Luis Alonso Treinta.

 Finalmente as persoas asistentes participaron na degustación duns petiscos.

 Foi unha inesquecible e grata celebración, ao longo da cal púxose en valor a importancia de manter vivas as Entidades Locales Menores como instrumentos democráticos perfectamente válidos para achegar apoio e servizos ás comunidades veciñais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario