Nova tubaxe no 1º Transversal Portela Amó (Salcidos)
• Para deixar atrás as fugas de auga
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda vén de facer público no día de hoxe, xoves 22 de maio de 2025, que “hai unhas semanas, os servizos municipais renovaron 90m de tubaxe no 1º Transversal Portela Amó (Salcidos). Esta obra realizouse para poñer remedio as frecuentes fugas que sufrían, e a consecuente perda de auga e de servizo que supoñía.
Coa instalación da nova tubaxe e das acometidas, garántese o servizo de auga para os veciños e veciñas, e o aproveitamento dun recurso tan importante como a auga.
Deste xeito, o Concello aposta por renovar as instalacións para buscar unha maior eficiencia e, que a súa vez, supoñan unha mellora dos diferentes servizos e da comodidade á veciñanza”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario