17 de mar. de 2025

TURISMO

Camiño de Santiago, gastronomía, patrimonio, profesionalidade e produto de calidade protagonizan un novo programa de Masterchef en Galicia co apoio da Xunta 

 Xosé Merelles valorou a gravación do espazo que tivo lugar no Mosteiro de Oseira (Ourense) e que enmarcou na estratexia de promoción turística de Galicia


O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, no Mosteiro de Oseira, en San Cristovo de Cea (Ourense) cos xuíces gastronómicos Pepe Rodríguez, Jordi Cruz e Samantha Vallejo-Nágera

Foto: X.G.

Infogauda / San Cristovo de Cea (Ourense)

 O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, salientou a potencialidade da Comunidade galega, especialmente da súa paisaxe, contorna natural aos que se suma o valor do seu patrimonio arquitectónico, como escenario de gravacións de espazos audiovisuais de gran audiencia que “multiplican a proxección do destino Galicia.  

 Xosé Merelles valorou así a gravación do programa televisivo MasterChef 12+1  realizada recentemente no Mosteiro de Oseira, en San Cristovo de Cea, co apoio de Turismo de Galicia, que busca promocionar o Camiño Mozárabe-Vía da Prata o espazo patrimonial no que tivo lugar xunto con outros atractivos turísticos entre os que figuran a gastronomía, na que ten un elevado peso a calidade dos produtos galegos.  

 O director de Turismo de Galicia salientou ademais que nesta ocasión, o programa engade un novo elemento que tamén dá prestixio á proposta turística galega, como é o feito de contar coa colaboración dos futuros profesionais do sector que se están a formar no Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), e que precisamente celebra este curso o seu 30 aniversario.  

 Xosé Merelles salientou que o CSHG colabora con máis de 100 cadeas hostaleiras internacionais e na actualidade, os profesionais do CSHG traballan en postos directivos e de cociñeiros en máis de 80 países.  

 O director de Turismo de Galicia puxo de manifesto que esta acción súmase a outras moitas dentro da planificación de promoción do destino galego que a Xunta leva a cabo na Estratexia de Turismo de Galicia 2030.  

 MasterChef 12+1, o programa culinario, está producido por RTVE en colaboración con Shine Iberia. O programa gravado en Galicia emitirase nos próximos meses e contou coa participación dos televisivos xuíces gastronómicos Pepe Rodríguez, Jordi Cruz e Samantha Vallejo-Nágera.

Ningún comentario:

Publicar un comentario