12 de mar. de 2025

TOMIÑO

Unha unidade móbil da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, visitará Tomiño o día 18 de marzo 

  O día 20, a unidade móbil de doazón de sangue visitará Goián en horario de tarde

 

Infogauda / Tomiño

Unha unidade móbil de doazón de sangue da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), desprazarase ata Tomiño o martes día 18 de marzo, de 10.00 a 14.00h e de 16.00 a 21.00h. Esta unidade estará situada na rúa Daniel Calzado Poceiro.  

 Asemade, estará en Goián, o xoves día 20 de marzo, de 16.00 a 21.00h, na parada do bus (Carballeira).

Ningún comentario:

Publicar un comentario