O R. C. Celta organiza un curso intensivo durante a Semana Santa
• Do luns 14 ao mércores 16 de abril desde as 9:30h ás 14:00h, no campo municipal da Sangriña (A Guarda)
Infogauda / A Guarda
A Guarda acollerá un dos catro cursos intensivos que o Real Club Celta organiza fóra da Madroa (Vigo), o único no Baixo Miño e Val Miñor.
Grazas á colaboración co Concello de A Guarda e o Sporting Guardés, o campo municipal de fútbol da Sangriña acollerá esa actividade, do luns 14 ao mércores 16 de abril desde as 9:30h ás 14:00h.
O curso intensivo vai dirixido a nenos/as desde a categoría de pre-banxamín ata infantil e xa se poden apuntar na seguinte dirección: https://rccelta.es/gl/fundacion/formacion/clinics/
O prezo da actividade sitúase nos 82,50€, mais aquela rapazada federada do Sporting Guardés ou que conta co Carné Celtista terá un desconto do 10%. Nesta cota, inclúese merenda e a bolsa celtista como agasallo final.
Estes campamentos queren seguir fortalecendo as habilidades futbolísticas da rapazada, pero ao mesmo tempo con moita diversión e entretemento, como debe corresponder ás épocas vacacionais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario