ATLETISMO
Ouro para Sergio Silva Souto e Alba Vasconcellos Rodríguez, e prata para Marco de la Fuente Maculewicz
• No Campionato Galego de Pista Cuberta Sub-14
Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes
A Escola de Base da Sociedade Atlética do Trega suma tres novas medallas autonómicas en Expourense.
Novas promesas do Atletismo Trega (Tomiño), brillan no XXII Campionato Xunta de Galicia de Atletismo Sub14 en pista curta. A inesgotable canteira da escola tomiñesa de medio fondo e fondo, non para de seguir colleitando títulos autonómicos, xa que os atletas do Baixo Miño, reinaron na proba máis longa baixo teito na categoría infantil nos 2.000 metros en ambos os dous sexos.
Esta pasada fin de semana o epicentro do atletismo galego centrábase nas instalacións de Expourense, celebrándose os campionatos de categorías inferiores a cuberta.
Se o sábado fixérono os benxamins e alevíns, este pasado domingo tócolle aos infantís, onde se reuniron máis de 800 atletas.
O máis destacado do noso club foron esas tres medallas autonómicas que conseguiron os seguintes atletas:
O tomiñés, Sergio Silva Souto fíxose coa medalla de ouro na proba dos 2000 metros cun crono de 06:39.81, levándose o título de campión galego 2025.
Non foi menos a guardesa Alba Vasconcellos Rodríguez, que tamén se fixo co título de campioa, igual que o seu compañeiro de club cun rexistro de 06:59.98, logrando marca mínima persoal e mellorando eses 07:12.98 que establecera este inverno ao aire libre.
Desta maneira póñense de manifesto que a nosa escola é unha da máis referentes de Galicia na distancia de fondo.
Para pechar o campionato, o tomiñés, Marco de la Fuente Maculewicz, fíxose co subcampionato autonómico na proba dos 500 metros, parando o crono nuns fantásticos 01:21.10 que lle deron a medalla de prata, facendo tamén marca mínima persoal, mellorando o 01:26.86 que tiña no seu haber como mellor marca, xesta que logrou na serie A, sendo esta a última serie de 4.
Desta forma os pupilos de Javier Sierpes Silva e Patricia Pereira Guisantes, pechan os devanditos campionatos con 6 medallas autonómicas, poñendo unha vez máis ao atletismo do concello de Tomiño en primeiro plano nos caixóns do pódium.
Felicidades aos tres!
Ningún comentario:
Publicar un comentario