MÚSICA E PALABRAS
• Compartindo cultura en tempos de inquietude
Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos
Nin a borrasca Jana, potente perturbación atlántica de alto impacto, situada - desde onte venres - ao noroeste da Península, durante esta fin de semana, deixando en Galicia un episodio de meteoroloxía adversa; logrou impedir á realización, na noitiña de onte, dunha nova edición de Música e Palabras.
Música e Palabras, trátase - como é ben coñecido en toda á contorna -, dun evento acertadamente promovido pola xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Camposancos, aberto a amizade e a cultura, no que participan de xeito activo, mulleres e homes de diferentes idades.
Os fíos conductores de Música e Palabras son tan atractivos como heteroxéneos: humor, música, poesía, relatos curtos,...
A xeito de ágora, o lugar de encontro é a Casa Cultural de Montes de Camposancos. Un espazo formidable para desfrutar a veciñanza e todas as persoas que desexen compartir uns momentos gratamente inesquecibles.
E nese lugar, situado na cerna do pobo de Camposancos, vén de actuar unha vez máis, a cantautora María José Baz Martínez, acompañada da súa guitarra, poñendo súa voz, pulso e puga. Creando dese xeito, un grato pano de fondo, as diferentes actuacións vocais realizadas altruistamente por varias persoas asistentes ao evento. E tamén incentivando o canto e á entoación de temas populares galegos.
E como vén sendo costume, un viño galego e saborosos petiscos, puxeron o broche de ouro a unha fermosa velada.
Todos eses ingredientes, fan que Música e Palabras sexa un magnífico xeito de crear momentos de felicidade e harmonía. Dúas expresións fundamentais para a supervivencia humana nuns momentos de tanta inquietude a nivel planetario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario