5 de mar. de 2025

A GUARDA

A Biblioteca Municipal de A Guarda vai acoller un contacontos sensorial para os pequenos da casa   

•  A sesión realizarase o sábado 15 de marzo, ás 12:00h, na Biblioteca




Infogauda / A Guarda

 A Biblioteca Pública Municipal de A Guarda trae unha sesión de contacontos para bebés e os seus adultos acompañantes. Xuntos compartirán unha nova experiencia da man das palabras, emocións, cancións, lectura e libros.  

 Todo acompañado de obxectos manipulables para chamar a atención deste público especial, inquieto e ávido de experimentar. A sesión realizarase o sábado 15 de marzo, ás 12:00h,  na Biblioteca.  

 A actividade ten prazas limitadas, cun total de 15 nenos e nenas. Cada un deles debe estar acompañado por un só adulto responsable. Para inscribirse, podedes facelo presencialmente na Biblioteca ou a través do teléfono 986 61 18 50 ou do correo aguarda.rbgalicia@eidolocal.es   

 As persoas que se queiran apuntar deben indicar o nome e apelidos do neno ou nena, a súa idade e un teléfono de contacto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario