17 de mar. de 2025

A GUARDA

VÉN DE CONSTITUÍRSE A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE MALTESES 

 Este colectivo veciñal nace para esixir ao concello un mínimo de compromiso coas súas obrigacións como titular da rúa


Representantes de 10 familias asistiron á asemblea e algunhas outras persoas mostraron o seu apoio a través de redes a pesar da súa incapacidade para asistir á reunión
Foto: Cedida

Infogauda / A Guarda 

 Adxuntando os nomes de tres persoas, así como os seus respectivos números de telefóno, e a fotografía que reproducimos; na redacción deste xornal dixital transfronteirizo vimos de recibir por correo electrónico un comunicado - redactado en castelán, e que nós traducimos ao galego -, no cal, os remitentes dín o seguinte: 

 O 29 de febreiro constituíuse, con gran éxito, a asemblea de veciños de Malteses vello. Esta comunidade de veciños nace para esixir ao concello un mínimo de compromiso coas súas obrigacións como titular da rúa. Representantes de 10 familias asistiron á asemblea e algunhas outras persoas mostraron o seu apoio a través de redes a pesar da súa incapacidade para asistir á reunión.  

 A rúa Malteses nas últimas 4 décadas sofre un abandono absoluto. Especialmente durante o inverno, que se relaxan os labores de limpeza e mantemento. Descoñecemos se é por incapacidade das autoridades ou como parte do proceso de xentrificación que leva vivindo o barrio durante os últimos anos.  

 Por iso, esiximos:  

 - Solicitar ás autoridades a limpeza inmediata da rúa e as transversais, así como a colocación de papeleiras e un servizo eficiente de limpeza regular, que garanta as condicións mínimas para a dignidade humana dos países do primeiro mundo.  

 - A reparación do pavimento abandonado á súa sorte durante varias décadas, e que ao paso de cada coche produce golpes e ruídos nas vivendas próximas ás pedras soltas, así como a accesibilidade universal, para persoas con mobilidade reducida, anciás ou carros infantís.  

 - O aceso das luces do paseo tamén durante o inverno e o outono, porque aínda que non teñamos turistas, os guardeses somos os que pagamos o servizo e esiximos poder usar o paseo marítimo tamén polas noites.  

 - As accións de control e vixilancia mínimas para evitar o consumo e venda de drogas duras na zona do aparcadoiro de Mazaracos. Situacións que sumadas á falta de iluminación, fan que a rúa de Malteses xere unha sensación de inseguridade nocturna.  

 - O control dos infractores que diariamente. Que a pesar de non ter necesidade de circular pola zona para chegar ás súas residencias, sáltanse a sinalización de prohibido circular e acceden a Malteses vello, a gran velocidade , non respectando aos demais usuarios da vía e ocasionando desfeitas nas fachadas.  

 - A moderación da megafonía do porto durante as festas, adaptándoa á ordenanza municipal de ruídos e establecendo os controis necesarios, para que os diferentes colectivos e as empresas privadas non molesten ao os veciños en demasía.  

 En resumo: limpeza, iluminación, mantemento, control e vixilancia, sen ningún trato especial a pesar de tratarse dunha zona de especial protección por tratarse dun centro histórico, residencial e de especial sensibilidade dentro do territorio guardés.  

 A asemblea de veciños de Malteses vello non descarta mobilizacións e protestas no futuro se non se garante un mínimo de dignidade para a cidadanía da zona.

Ningún comentario:

Publicar un comentario