A Guarda acollerá un Campamento Dixital para a rapazada
• A actividade desenvolverase os días 14, 15 e 16 de abril desde ás 9:00 ata as 14:00h, na aula CEMIT, do Centro Cultural
Infogauda / A Guarda
Esta Semana Santa, A Guarda acollerá un Campamento Dixital para a rapazada entre os 9 e os 13 anos.
Campamento Dixital é un programa de actividades extraescolares - de balde - en competencias dixitais. A aprendizaxe está enfocada coma un xogo, a través dunha aventura interactiva na que deberán completar as etapas e cumprir misións para conseguir logros e metas.
As inscricións xa están abertas a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de A Guarda, tanto de xeito presencial (2ª planta) como no correo electrónico informacion@aguarda.es
A actividade desenvolverase os días 14, 15 e 16 de abril desde ás 9:00 ata ás 14:00h, na aula CEMIT, do Centro Cultural.
Esta é unha iniciativa impulsada pola Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Digitales para la Infancia (CODI), posto en marcha polo Ministerio de Xuventude e Infancia, do Goberno de España, e financiado polos Fondos Next Generation da Unión Europea.
Ningún comentario:
Publicar un comentario