20 de feb. de 2025

TOMIÑO

As comparsas de Tomiño e outras 17, quentan motores para desfilar no Venres de Foliada  

 Á convocatoria presentáronse 29 grupos, polo que a comisión técnica tivo que excluir a 9, por puntuación  


Integrante dunha comparsa nunha edición do Venres de Foliada de Tomiño
Foto: Infogauda

Infogauda / Tomiño 

 Tomiño quenta motores xa para celebrar, un ano máis, o seu xa tradicional ‘Venres de Foliada’, un desfile de Entroido dos mellores de Pontevedra, que este ano será o venres 28 de febrero, a partir das 21.30 horas. Unha trintena de comparsas, das que elixíronse 20, encabezando o listado as tres de Tomiño, que habitualmente se apuntan: Asociación Cultural Comparsa Luces de Tomiño, Asociación Cultural Ciklón e Comparsa Estrelas da Noite. 

 As 20 comparsas participantes que desfilarán no Venres de Foliada, cumpren con todos os requisitos establecidos nas bases da convocatoria, como estar formadas por un mínimo de 15 compoñentes e con carrozas que non excedan os 8metros de longo por 3,5 m de ancho e 4,5 m de alto, e sempre sen cabalos. Ademais, os criterios tidos en conta pola comisión técnica para seleccionar as 20 comparsas foron a posta en escena, a iluminación e son, e os valores sociais e culturais, entre outros. A comisión técnica valorou tamén o concello de procedencia, o número de compoñentes e a descrición da comparsa, atendendo á súa temática e orixinalidade, para participar nesta celebración tradicional que cada ano dá o pistoletazo de saída ao Entroido na comarca. 

 A alcaldesa, Sandra González, convida a toda a veciñanza a participar deste gran desfile."É un orgullo ver desfilar ás nosas comparsas e lucir unhas escenografías froito de moitos meses de traballo e esforzo”, sinala. 

 O número de orde das comparsas no desfile será por rigoroso orde de chegada ao lugar de saída (rúa ao lado do Colexio Pedro Caselles), e o percorrido, como é habitual, transcorrerá pola rúa Gondomar ata rematar na Pedra. A compensación económica para as comparsas participantes é a seguinte: 

● Comparsas de 15 a 30 compoñentes e sen carroza: 100,00 € 

● Comparsas de 31 a 45 compoñentes e sen carroza: 150,00 € 

● Comparsas de 46 ou máis compoñentes e sen carroza: 200,00 € 

● Comparsas de 15 a 40 compoñentes e con carroza: 200,00 € 

● Comparsas de 41 a 60 compoñentes e con carroza: 300,00 € 

● Comparsas de 61 a 80 compoñentes e con carroza: 400,00 € 

● Comparsas de 81 ou máis compoñentes e con carroza: 500,00 €

Ningún comentario:

Publicar un comentario