A parroquia tomiñesa de Goián prepárase para celebrar a 70ª edición do seu tradicional Entroido
• O programa comezará este sábado, 22 de febreiro, aínda que o día forte é o martes 4 de marzo (festivo local)
Infogauda / Goián
A parroquia de Goián, no municipio de Tomiño, vai celebrar a 70ª edición da súa popular festa de Entroido. Veciños e visitantes poderán gozar de varios días cheos de cor, ledicia, diversión e moita retranca, nos que non faltará tampouco a boa música.
Sábado 22 de febreiro (sábado gordo): ás 18.30 horas, pasacalle con Mekanika Rolling Band. Ás 21.30 horas pregón e brinde con Batukada Levada Arraiana. Ás 23.00 horas sesión DJ con Toni Nández, Yaya DJ, María Turme e Sapoconcho Sem Poncho.
Venres 28 de febreiro (Torreirowland): ás 23.59 horas, Festival DJ no Torreiro con Matt, Joan Roca, Saúl Deer, Kris Guez, Diego Mariño e A Vera Notte.
Sábado 1 de marzo (pedida): ás 09.30 horas, pedida polos barrios con Treboada AC Arroutada e Treboada Baixo Miño. Haberá bocadillos de tortilla, viño e torreznos. Ás 17.00 horas baile infantil no Centro Goianés. Ás 22.30 horas XXI Festival Taiña, con The Lelli Kelly, Aum Reggae, Mi Buenaventura e Chapamma Crew.
Domingo 2 de marzo (carretillas): ás 12.00 horas, desfile infantil e chocolatada. Ás 13.30 horas, sesión vermú con pulpeiro e Orquestra do Camarote. Ás 17.30 horas, desfile de carretillas con charanga Os Encerellados e ao término, torreznos, viño, orellas e filloas. Ás 22.00 horas verbena e concurso de disfraces con animación de orquestra Charleston Big Band, Son das Tabernas, DJ Charlie e Lakenobaila.
Luns 3 de marzo (Goi Talent): ás 16.30 horas, show de talentos con concurso de imitacións musicais. Ás 22.00 horas verbena e noite de entruidos con animación de orquestra Panamá, Storrentos, Roneo Club, Gabri Alonso, Rafitta e Ganxx.
Martes 4 de marzo (carrozas): ás 13.00 horas, cocido popular. Ás 17.30 horas desfile de carrozas e sopa. Ás 21.30 horas entrega de premios e verbena con grupo Rubí e DJ Darío GZ.
Mércores 5 de marzo (enterro da Taíña): ás 19.30 horas, procesión até o río e lumes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario