Mobilizacións do Colectivo de persoas xubiladas e pensionistas pola situación de urxencia do Servizo de Axuda no Fogar (SAF)
• Están convocadas para este xoves, día 27 de febreiro, nas sete cidades galegas
Infogauda / Compostela
O Colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG inicia este xoves, día 27 de febreiro, unha campaña para reclamar un Servizo de Axuda no Fogar adecuado, dotado con orzamentos e persoal suficiente e que responda ás necesidades de apoio que teñen as persoas dependentes e as súas familias.
Con este obxectivo, a central sindical segue a demandar a creación dun Sistema Público Galego de Servizos de Atención ás Persoas que xestione todos os recursos públicos, incluído o SAF, "para que as persoas dependentes poidan ter cubertas as súas necesidades en condicións dignas e de xustiza social".
Lugares e horarios:
• A Coruña: ás 11h no edificio da Xunta de Monelos (Praza de Luís Seoane)
• Ferrol: ás 12h no edificio da Xunta (Praza Amada García)
• Compostela: ás 11h, no complexo administrativo de San Caetano
• Lugo: ás 12h, no edificio multiusos da Xunta (Ronda da Muralla)
• Ourense: ás 11.30h, no edificio da Xunta (Casa de chocolate)
• Pontevedra: ás 11.30h, no edificio da Xunta en Campolongo
• Vigo: ás 11h, no edificio da Xunta (Praza da Estrela)
Ningún comentario:
Publicar un comentario