5 de feb. de 2025

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

"MÚSICA E PALABRAS"

 Este venres, día 7 de febreiro, ás 20:00 horas, na Casa Cultural da Comunidade de Montes de Camposancos



Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos

 "Música e palabras" está de volta. Esa feliz iniciativa xurdida no seo da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos, convídamos este venres día 7 de febreiro de 2025, ás 20:00 horas, na Casa Cultural de Montes, a desfrutar da amizade e da cultura en boa compaña.

  Calquer persoa con inquedanzas literarias e musicais, ten cabida en "Música e palabras". Un acertado proxecto onde a poesía, a lectura en público, o canto,..., ou a interpretación de temas musicais, teñen seu espazo interxeneracional. Porque "Música e palabras" xurdiu do pobo e os destinatarios son as persoas - o pobo, en definitiva -, sen ningunha limitación. Tan soio é necesario ter a determinación de subir ao estrado e recitar, cantar, tocar algún instrumento musical,..., e compartir eses gratos momentos coa veciñanza de Camposancos e de todas as persoas que desde outros pobos da contorna queiran tamén, sumarse ao evento.

 Como vén sendo habitual desde fai uns meses, a cantautora María José Baz Martínez, aportará súa presenza, súa voz e as notas da súa guitarra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario