O Concello de A Guarda vén de manter un encontro coa conselleira de Política Social, Fabiola García
Infogauda / A Guarda
O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero; o tenente alcalde, Óscar Alonso Álvarez e a concelleira de Política Social, Mª Isabel Guisande Vila, veñen de reunírse coa conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García Martínez.
Desde o executivo municipal que preside Álvarez Carrero fixeron público que "neste encontro avanzáronse sobre diversas cuestións no eido social, propostas e proxectos que beneficiarán a todos as persoas veciñas de A Guarda.
Ademais, explicáronse as necesidades veciñais para buscar a forma de resolver estas demandas".
Ningún comentario:
Publicar un comentario