A Guarda acolle a exposición fotográfica “Paisaxes | O Noso Mar e o Noso Río” de Vitoriano da Ghoreña
Asociación San Xerome Emiliani / A Guarda
A Asociación San Xerome Emiliani ten o pracer de anunciar a inauguración da exposición fotográfica “Paisaxes | O Noso Mar e o Noso Río”, unha colección de imaxes que capturan a beleza da nosa contorna natural a través do obxectivo de Vitoriano da Ghoreña.
Con máis de seis décadas de traxectoria no ámbito social, divulgativo e patrimonial, Vitoriano da Ghoreña mantivo sempre unha estreita relación coa fotografía. Nesta mostra, o autor preséntanos a súa faceta máis paisaxística, ofrecendo unha mirada única sobre a riqueza natural da nosa costa e ríos.
A exposición poderá visitarse ao longo do mes de febreiro no Espazo Contracultural Aberto (ESCOLA) da Asociación San Xerome Emiliani, situado na rúa Concepción Arenal, 65, A Guarda (Pontevedra).
Os horarios de visita son: xoves e venres: de 10:00 a 12:00 h e de 18:00 a 20:00 h; sábados: de 11:00 a 13:00 h, con presenza do autor para compartir a súa visión e experiencia cos visitantes.
Animamos a toda a comunidade a achegarse a desfrutar desta marabillosa exposición, unha homenaxe visual á nosa paisaxe mariña e fluvial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario