27 de feb. de 2025

A GUARDA

A Guarda prepara diferentes accións para conmemorar o Día Internacional da Muller  




Infogauda / A Guarda 

 A Guarda estende máis alá do 8M a programación polo Día Internacional da Muller a través de diversas accións dirixidas a diferentes públicos.  

 O venres 7 de marzo conmemorarase o Día Internacional da Muller cunha concentración na praza do Reló ás 12:30h, e a lectura dun manifesto. 

 Na seguinte semana, o xoves 13, ás 20:00h, no Centro Cultural, proxectarase a película “Matria”, onde contaremos coa asistencia da actriz protagonista María Vázquez, e súa participación no coloquio posterior.

 Xa no mes de abril, o xoves 24, ás 20:00 horas, no Centro Cultural, presentarase o libro “Mulleres. Historias de vida e igualdade”, un libro que recolle testemuños do obradoiro “Quérome, cóidome”. Este obradoiro volve este ano coa súa 4ª edición, e desenvolverase desde mediados de marzo a mediados de maio.   

 O obradoiro de canto “Con voz propia”, tamén na súa 4ª edición, xa se atopa polo ecuador da súa duración. 

 Ademais, no mes de maio, desenvolveranse o obradoiro “Mergullo para principiantes” de educación sexual integral ao alumnado da Guarda de 1º da ESO.    

Ningún comentario:

Publicar un comentario