14 de xan. de 2025

VIGO

A CIG-Construción convoca unha concentración para reclamar un marco negociador galego no sector

  Este mércores 15 de xaneiro de 2025, ás 12:00 horas, diante da sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP). Rúa García Barbón, 104. Vigo


Infogauda / Vigo

 A CIG-Construción convoca unha concentración para reclamar un marco negociador galego no sector. Tras o recente cambio lexislativo aprobado no Congreso polo que se lle dá prioridade aos convenios autonómicos fronte aos estatais, os sindicatos e asociacións empresariais que reúnan os requisitos de lexitimación “poderán negociar convenios colectivos e acordos interprofesionais de comunidade autónoma”.  

 Por iso, desde a CIG-Construción solicitaron en varias ocasións manter unha xuntanza coa patronal galega FEGACONS co obxectivo de pactar un convenio ou acordo a nivel galego que permita blindar as melloras contempladas nos convenios provincias fronte ao estatal. E deste xeito poder evitar o acontecido co convenio de Pontevedra, que foi impugnado pola patronal porque contemplaba mellores condicións respecto ao estatal.  

 A central cursou até tres peticións de reunión coa federación galega dende o pasado mes de xullo, que non contestou as solicitudes, polo que decidiu iniciar un calendario de mobilizacións cunha unha primeira protesta na sede de Santiago. Mais a FEGACONS optou novamente por non responder, de xeito que a CIG trasladou as medidas de presión á patronal de Ourense o 16 de decembro, mentres que este mércores mobilizarase na CEP en Vigo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario