17 de xan. de 2025

TUI

A Eurocidade Tui-Valença acollerá a representación de “Fado Alexandrino” do Teatro Nacional São João 

  Será o venres, 31 de xaneiro, ás 21 horas, no Teatro Municipal de Tui. É a adaptación teatral da considerada coma a gran novela sobre o 25 de abril 


Este espectáculo chega á Eurocidade Tui-Valença dentro da Temporada Cruzada da Programación Cultural Portugal-España: 50 anos de democracia, e conta coa colaboración do Centro Dramático Galego e do Instituto Camões
Foto: C.T.

Infogauda / Tui

 A Eurocidade Tui-Valença vai acoller o próximo 31 de xaneiro a representación de “Fado Alexandrino” da man do Teatro Nacional Nacional São João do Porto. Trátase dunha gran montaxe escénica coa que a compañía se suma aos actos conmemorativos do 50 aniversario da Revoluçâo dos Cravos.  Este espectáculo chega á Eurocidade Tui-Valença dentro da Temporada Cruzada da Programación Cultural Portugal-España: 50 anos de democracia, e conta coa colaboración do Centro Dramático Galego e do Instituto Camões.  

 A cita será o próximo venres, 31 de xaneiro, ás 21 h no Teatro Municipal de Tui Ás entradas poranse á venda o próximo venres, 24 de xaneiro, en tui.gal aos prezos de 12€ e 9€.  

 Doce actores e actrices conforman o elenco da obra dirixida por Nuno Cardoso, que realizou a adaptación escénica e a dramaturxia de “Fado Alexandrino” de António Lobo Antunes, considerada a gran novela sobre o 25 de abril.  

 En escena estarán Ana Brandão, António Afonso Parra, Flávio Hamilton, Joana Carvalho, Jorge Mota, Lisa Reis, Mário Santos, Patrícia Queirós, Paulo Freixinho, Pedro Almendra, Pedro Frias, Roldy Harrys, Sandro Feliciano, Sérgio Sá Cunha, Telma Cardoso e Lé Baldé. A obra, unha especie de Última Cea, reúne nun xantar a cinco personaxes, militares que regresaron da guerra de África, e reflexionan sobre o fin da contenda, sobre o loito,...  

 O escenario transfórmase nun inmenso mural que cobra vida coa interpretación e interacción dos actores que levan ao espectador a través de catro épocas que se entrecruzan na historia o Estado Novo, a memoria da guerra colonial en Mozambique, a Revolución dos Cravos e a posRevolución. O Fado Alexandrino é unha alegoría sobre o destino de ser portugués. A música orixinal “Peixe” foi gravada por Joel Azevedo.  

 A obra, cunha duración cercana ás catro horas, contará con dous descansos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario