9 de xan. de 2025

O PORRIÑO

Gómez Caamaño destaca o salto de calidade logrado coa ampliación e reforma do centro de saúde do Porriño cun investimento da Xunta de Galicia de 6,2 M€ 

• Avanza que neste mes de xaneiro o centro realizará tratamentos oncolóxicos, evitando que moitos dos seus pacientes se teñan que desprazar ata Vigo


O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, visitou esta mañá as novas instalacións do centro de saúde do Porriño, Acompañado polo polo xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada; do xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente; e do alcalde de O Porriño, Alejandro Lorenzo

Foto: X.G.

Infogauda / O Porriño

 O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, visitou esta mañá as novas instalacións do centro de saúde do Porriño, unha infraestrutura que, coa súa reforma e ampliación, supón un salto de calidade na atención sanitaria de atención primaria para os veciños do municipio.  

 Acompañado polo polo xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada, e do xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente, o responsable da Sanidade galega subliñou a importancia dunha actuación na que a Xunta investiu un total de 6,2 millóns de euros, entre obra e equipamento, e coa que se optimizará a asistencia que o Servizo Galego de Saúde lle presta á veciñanza do Porriño.  

 Gómez Caamaño remarcou que se trata dunha actuación coa que se acadou “un resultado moi satisfactorio”, grazas á excelente colaboración entre a Xunta e o Concello, e subliñou a significativa mellora que suporá para os seus usuarios e profesionais, así como o carácter sostible dos materiais empregados nesta construción.  

 Gómez Caamaño avanzou, ademais, que neste mes de xaneiro o centro de saúde do Porriño realizará tratamentos oncolóxicos, o que evitará que moitos dos seus pacientes se teñan que desprazar ata Vigo.  

 Cos novos espazos, o centro de saúde do Porriño amplía en 1.100 metros cadrados a súa superficie, acadando agora os 2.700 metros cadrados. Conta cun novo volume de tres plantas, que acolle un novo PAC que dotado con 5 consultas, 3 de medicina e 2 de enfermería, ademais dunha nova sala de reanimación e unha área de fisioterapia, entre outros espazos.  

 “Reformamos o centro de saúde orixinal, modernizándoo e reordenando os seus espazos” explicou Caamaño, destacando tamén a adquisición de tecnoloxía sanitaria e novos equipos clínicos para este centro, aos que a Xunta destinou unha partida de 600.000 euros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario