28 de xan. de 2025

GONDOMAR

Retrato do lobo en España y Portugal 

  O mércores 5 de febreiro ás 20h, na sede do IEM




IEM / Gondomar

 O vindeiro mércores 5 de febreiro ás 20h terá lugar na sede do IEM a presentación, proxección e coloquio "Territorio Lobo. Retrato del lobo en España y Portugal", con Andoni Canela. Estará presentado por Pedro Alonso.  

 Despois de 30 anos fotografando ao lobo, sempre na súa contorna e en liberdade, Andoni Canela reúne neste libro imaxes inéditas de lobos tomadas na costa atlántica, os Pirineos, a cordilleira Cantábrica, as serras de Guadarrama, Peneda-Gerês e a Culebra, na chaira de cereal castelá e nos montes de León, Galicia e Portugal.  

 Conta cun prólogo de Juan Carlos Blanco e a participación de Pedro Alonso, Francisco Álvares, David Álvarez, Yolanda Cortés, Gabriel Lampreave, Antonio Pulido, Alejandro Ruiz e Javier Talegón.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario