FÚTBOL
ÁNGEL ARCOS CADILLA, DE O ROSAL, COA SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB-19
• O dianteiro, que forma parte do Real Club Celta de Vigo Fortuna, xogou onte na Ciudad del Fútbol, de Las Rozas, nun encontro amigable fronte a Selección de Italia
Ángel Arcos Cadilla, onte na Ciudad del Fúbtol de Las Rozas (Madrid), coa vestimenta da Selección Española de Fútbol
Foto: Cedida
Ricardo Rodríguez Vicente / O Rosal
O deporte galego está colleitando boas novas, consecuencia do labor que desde á base veñen realizando desde fai anos, moitas entidades deportivas, impulsadas por persoas as que lles motiva o deporte. Iso, e o sacrificio da mocidade do noso país, xunto co apoio das súas respectivas familias e tamén dalgunhas entidades, fan posibles logros que parecían irrealizables.
Unha das promesas canteirás, é Ángel Arcos Cadilla, de O Rosal, que onte xogou - desde o minuto 46 - coa Selección Española Sub-19, nun encontro amigable correspondente a Ronda Elite do Campionato de Europa, fronte a Selección de Italia, no Campo A, da Ciudad del Fútbol de Las Rozas, en Madrid, con vitoria do conxunto español por 1-0, logrado por Arturo Rodríguez, no minuto 91.
Ángel Arcos Cadilla - coñecido como Angelito, no mundo deportivo - comezou súa andaina deportiva no club de fútbol U.D. Ribera, de O Rosal e actualmente está no Real Club Celta de Vigo Fortuna, onde xoga de dianteiro.
É unha verdadeira satisfacción ver como a mocidade galega está achegando seu esforzo persoal para contribuir aos logros colectivos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario