A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE A GUARDA CONVOCA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
• Para o sábado 18 de xaneiro de 2025, con inicio ás 14:00h en primeira convocatoria e ás 16:00h en segunda convocatoria, no Salón de Plenos do Concello de A Guarda
Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de A Guarda
Convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de A Guarda o sábado 18 de xaneiro de 2025, con inicio ás 14:00h en primeira convocatoria e ás 16:00h en segunda convocatoria no Salón de Plenos do Concello de A Guarda.
Puntos na orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea Xeral Extraordinaria do 3 de agosto de 2024
2. Altas e baixas e actualización de persoas comuneiras
3. Informe sobre a xestión realizada pola Xunta Reitora
4. Balance de Contas do ano 2024
5. Previsión de gasto para o ano 2025
6. Autorización á Xunta Reitora para a solicitude de subvencións en beneficio do monte para o ano 2025
7. Autorización á Xunta Reitora para a corta de madeira no monte comunal
8. Aprobación se procede para iniciar a auditoría pola AGC - Auditora Galega de Contas
9. Renovación, se procede, da servidume de paso para a liña eléctrica da Gasolineira San Roque, nas Loucenzas
10. Renovación, se procede, da concesión do Restaurante Mar y Cielo
11. Adhesión á Mancomunidade de Montes do Baixo Miño
12. Rogos e preguntas.
E, para que así conste, firmando a presente convocatoria en A Guarda, a 01 de xaneiro de 2025.
Noé Ferreira-Rodríguez
Presidente
Beatriz Mauri Martínez
Secretaria
Ningún comentario:
Publicar un comentario